Armesto Quiroga

Profesor/a titular de universidade

Área de Enxeñaría de Sistemas e Automática
Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Industrial
Despacho D10
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 244
armesto@uvigo.gal

Breve CV

Enxeñeiro Industrial (especialidade Electricidade, Especialización Automática e Electrónica) pola Universidade de Vigo en 1992. Doutor Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo en 2001. Desde 2003 é Profesor Titular na Universidade de Vigo. Impartiu docencia universitaria desde 1992. Os seus intereses de investigación son, entre outros, a enxeñaría de sistemas no contexto da automatización industrial, o desenvolvemento integrado de subsistemas de control en tempo real para sistemas industriais automatizados, a aplicación de estándares internacionais (ISO/IEC) para fabricación, etc.. É coautor de máis de 15 publicacións (artigos, traballos en congresos, capítulos, libros, documentos científico-técnico restrinxidos), participante en máis de 10 proxectos de investigación e máis de 15 contratos con empresas. Foi presidente do comité organizador das “Xornadas sobre tecnoloxías e solucións para a Automatización Industrial” (JAI) desde o ano 2004 ata a actualidade (6 edicións). Dirixiu máis de 35 Traballos Fin de Máster/Traballos Fin de Grao/Proxectos Fin de Carreira. Foi Subdirector de relacións exteriores na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (2004-2005) e Director da área de emprego da Universidade de Vigo (2010-2014). Recibiu o premio extraordinario de doutoramento na titulación de enxeñaría industrial (curso 2000/2001), concedido polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo na sesión ordinaria do 27/01/2003.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

V04M093V01214 | Prácticas Externas
V04M093V01215 | Traballo de Fin de Máster

Investigación

Grupo de investigación

Enxeñaría Eficiente e Dixital

Liñas de investigación

  • Automatización industrial e integración
  • Control avanzado de movementos
  • Estándares internacionais para fabricación